Sobre “Sospechas y Disidencias”, en gallego


Gustavo Luca de Tena
Gustavo Luca de Tena

Gustavo Luca de Tena

El periodista gallego Gustavo Luca de Tena escribió en su lengua este texto sobre mi libro Sospechas y disidencias, fragmentos del cual leyó el compañero Iñaqui Covelo en la presentación del título en La Casa do livro de Vigo. 

É unha sorte termos con nós a Iroel Sánchez e de coñecer de primera man a experiencia da súa bitácora ou blog La Pupila Insomne. 

Iroel trae baixo o brazo o seu libro “Sospechas y Disidencias” con textos aparecidos no seu xornal electrónico. Moitos destes artigos xa coñeceran antes a existencia en papel impreso, despois de naceren coma pulos dixitais en pantalla, e a razón desta exportación natural para soportes diferentes é só a cualidade e o interese do que escrebe Iroel. Ou dito doutra maneira: a escrita de Iroel é celebrada e buscada porque ten valor de información e porque baixo unha forma clara, expositiva e nada retórica de contar, aparece cando ten que aparecer o lóstrego da ironía, as veces vestido de vendaval sarcástico que deixa en desesperanza o obxecto criticado. 

Un xornalismo rápido, directo que dispara con puntería sobre os globos mentireiros que o imperialismo manda voar sobre Cuba, moitas veces cargados por governos da UE ou desde redaccións coma as do grupo PRISA, propiedade de Liberty, negocio mundial de caza de saldos que vive con verdadeira agonía a imparábel irmandade cubana do Alba e non se lle ocorre mellor remedio que contar a diario que todas as iniciativas de Cuba nacen fracasadas. Se son iniciativas que resolven problemas de Cuba, mal que Cuba estea bloqueada polo poder militar máis grande da historia, iso non será nunca contado.

Claro que os medios oportunistas da UE son herdeiros directos dos que alcumaran de “aventura imposibel” a de Martí e Maceo, de “delirio” a Revolución do 30, de “catástrofe” o asaslto ao Moncada e de “fracaso inminente” a Revolución de 59. Estes media de reverencia construiron a súa credibilidade no xuizo sereno e no criterio equilibrado. Será por ese aquilatado prestixio polo que hoxe moitos deles deben pedir achegas para sobreviviren, ou, para o caso, árnica contra o abandono cruel da súa parroquia leitora.

A celebrada aposta de Iroel polo xornalismo dixital non se produce en solitario porque de feito a rede medra en Cuba. Ora, durante algún tempo, os media dos Estados Unidos e da UE contaron que en Cuba só existían duas formas de informar e de facer xornalismo na illa: o da Revolución, que eles desautorizan como propaganda, e outro de valerosos David aprestados a derrubar o Goliat do sistema oficial de información coas súas heroicas e mínimas armas informáticas. Pascual Serrano conta no limar de Sospechas y Disidencias a sorpresa sen límites causada pola aparición de sitios electrónicos cubanos que desde a propia iniciativa e con total liberdade entraban na rede non para combater a Revolución senón para defendela. “E puidemos comprobar -acrecenta Serrano- que acontecía o contrario que nunha ditadura”: os apóstoles do “xornalismo libre” estaban ben pagados en Euros e Dólares, recibian computadoras, conexión por satélite e premios millonarios; “os defensores da Revolución, sen escreber ao dictado de ninguén, conéctanse como poden á rede pública que serve as universidades, os centros médicos, os media e os centros de atención públicos; escreben nun vello ordenador mil veces reparado, non ven nin tocan moeda ningunha en divisa e comproban como son silenciados polos grandes medios de comunicación extranxeiros”.

Iroel confésase herdeiro de Rubén Martínez Villena, o poeta que foi a alma do Grupo Minorista e que entregou todo o seu talento de escritor a un xornalismo de combate pola emancipación de Cuba. Hoxe podemos notar que tanto Martinez Villena, coma os seus compais da Revolución do 30 son conservados en aura de gloria coma o médico arxentino-cubano que preguntado en Bolivia por seu oficio e condición respostou “eu era médico”.

Pois iso: Iroel Sánchez Espinosa “era poeta” e agora é xornalista en “La Pupila Insomne” que, coma xa foi dito, é un verso de Rubén Martínez Villena que, sendo tamén poeta, puxo as súas letras ao servizo da independenza de Cuba.

Un pensamiento en “Sobre “Sospechas y Disidencias”, en gallego

  1. Muy hermoso este texto y es que capta el espíritu, la naturaleza humana de nuestro hermano cuando dice “Pois iso: Iroel Sánchez Espinosa “era poeta” e agora é xornalista en “La Pupila Insomne” que, coma xa foi dito, é un verso de Rubén Martínez Villena que, sendo tamén poeta, puxo as súas letras ao servizo da independenza de Cuba.”
    Sí, Iroel es definitivamente un poeta, uno de gran sensibilidad. Su poesía se refleja esencialmente en su acción e ideas políticas; es allí donde revela la pasión que convierte sus obras en bellos poemas, en cantos llenos de lirismo!!! Te acompañamos siempre, amigo. Un abrazo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s